A Ruta Cabalar ao San Antonio de Abadín terá lugar este sábado

TerraChaXa
Este martes é o último día para anotarse ao xantar
ruta-cabalar-cabaleiros-labrada
Cartel do evento
4 Xuño 2024

A asociación de Cabaleiros de Labrada celebrará o 8 de xuño unha nova edición da súa Ruta Cabalar ao San Antonio, en concreto número XI, que terá lugar pola mañá con saída ás 10.00 horas do Campo da festa de San Antonio de Labrada.

Como en edicións anteriores celebrarase un xantar ás 14.30 horas como colofón da ruta, deixando paso pola tarde a unha sesión musical que estará amenizada por Elixir.

Tamén haberá sorteos e agasallos para os participantes. O xantar, consistente en polbo e churrasco, ten un prezo de 25 euros, 15 para os menores de 10 anos, e para apuntarse non é imprescindible ir a cabalo. Hoxe, día 4, é o último día para anotarse, que debe facerse nos teléfonos 650 171 426 e no 699 024 637.

A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo.

0.17614507675171