A ruta cabalar ao San Antonio en Abadín será o 10 de xuño

TerraChaXa
A asociación de Cabaleiros de Labrada celebrará o 10 de xuño unha nova edición da súa Ruta Cabalar ao San Antonio.
ruta cabalar san antonio abadin portada
4 Jun 2023

A asociación de Cabaleiros de Labrada celebrará o 10 de xuño unha nova edición da súa Ruta Cabalar ao San Antonio, en concreto  número X, que dará comezo ás 10.00 horas con saída do Campo da festa de San Antonio de Labrada.

Como colofón da ruta celebrarase un xantar, ás 14.30, no campo da festa servido por Hermanos Debasa deixando paso pola tarde a unha sesión musical a cargo do trío Merengue, que tamén fará unha sesión vermú previamente ao xantar. O prezo do prato, a base de polbo e churrasco, será de 25 euros (10 euros para nenos de 5 a 10 anos).

Como en edicións anteriores haberá sorteos e agasallos para os participantes.

A asociación lembra que para acudir ao xantar non é necesario ir a cabalo pero si hai que anotarse antes do 7 de xuño  nos teléfonos 650 171 426 e 699 024 637.

A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo.

ruta cabalar san antonio abadin

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19136714935303