A ruta cabalar ao San Antonio en Abadín será o 8 de xuño
TerraChaXa
A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo
Cartel do evento
28 Maio 2024
A asociación de Cabaleiros de Labrada celebrará o 8 de xuño unha nova edición da súa Ruta Cabalar ao San Antonio, en concreto número XI, que terá lugar pola mañá con saída do Campo da festa de San Antonio de Labrada.
O programa desta sesión non está aínda publicado, pero espérase que como en edicións anteriores se celebre un xantar como colofón da ruta, deixando paso pola tarde a unha sesión musical.
Como en edicións anteriores espérase que haxa sorteos e agasallos para os participantes.
A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo.