A ruta do Muíño da Ruxida, segunda saída do Guitiriz en Ruta

TerraChaXa
Este domingo, 29 de xaneiro, terá lugar a segunda saída do programa de sendeirismo Guitiriz en Ruta, ao Muíño da Ruxida
rutas guitiriz en ruta
26 Xan 2023

Este domingo, 29 de xaneiro, terá lugar a segunda saída do programa municipal de sendeirismo Guitiriz en Ruta, que nesta ocasión é a do Muíño da Ruxida, con saída ás 10 horas das instalacións do CIT de Parga.

As inscricións realizaranse de xeito presencial na casa do concello ou por teléfono no 982 370 109 ata as 14 horas deste venres, 27 de xaneiro. Recoméndase aos asistentes que leven calzado impermeable, xa que hai moita auga no terreo, e roupa de abrigo, debido ás previsións de baixas temperaturas.

O programa Guitiriz en Ruta consta de seis andainas e rematará o 14 de maio de 2023. Inclúe unha ruta por mes das que catro son polo municipio, que son gratuítas, e as outras dúas noutros concellos, que teñen un custe de 5 euros.

Todas as saídas están abertas ao público en xeral que teña unhas condicións físicas mínimas para poder camiñar varios quilómetros. Completan a programación: a ruta do río Trimaz en Xermade (domingo 26 de febreiro), a ruta do río Requeixo (domingo 26 de marzo), a ruta do Miño en Ombreiro-Lugo (domingo 30 de abril), e a ruta da Cova da Serpe (domingo 14 de maio).

0.070591926574707