A Ruta Trotamontes de Pol abre a inscrición este domingo

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O percorrido, que adoita ter uns 90 quilómetros, discorrerá por camiños e pistas forestais deste Concello e doutros dos arredores
ruta-trotamontes-de-pol
28 Feb 2026

Os club Trotamontes de Pol dará continuidade á súa cita anual coa celebración da XVII ruta o sábado 4 de abril arrancando desde Mosteiro, unha cita que reúne todos os anos arredor de 150 participantes.

A ruta, que adoita ter uns 90 quilómetros, discorrerá por camiños e pistas forestais deste Concello e doutros dos arredores, utilizando vías asfaltadas tan só para facer cruces ou como enlace entre tramos.

O prazo de inscrición abrirá este domingo, 1 e marzo, ás 19.00 horas, e estas poden facerse a través de Facebook ou no email trotamontespol1@gmail.com.

O programa arrancará ás 7.30 horas coa recollida de dorsais para celebrar ás 9.00 a saída. Pararase ás 11.00 para un café e para xantar ás 14.00. A hora de remate da ruta é ás 19.00 e convocouse a cea para as 20.30.

A partir das 23.00 horas está prevista unha actuación da discoteca móbil de Hermo.

0.11853289604187