A Ruta Trotamontes de Pol regresará o 19 de abril

Pol
LugoXa | TerraChaXa
A ruta, que ten uns 90 quilómetros, discorrerá por camiños e pistas forestais deste Concello de outros dos arredores
ruta-trotamontes-de-pol
2 Feb 2025

Os club Trotamontes de Pol dará continuidade á súa cita anual coa celebración da XVI ruta o sábado 19 de abril arrancando desde Mosteiro, unha cita que reúne todos os anos arredor de 150 participantes.

A ruta, que ten uns 90 quilómetros, discorrerá por camiños e pistas forestais deste Concello de outros dos arredores, utilizando vías asfaltadas tan só para facer cruces ou como enlace entre tramos.

As inscricións poden facerse a través de Facebook ou no email trotamontespol1@gmail.com, pero o prazo aínda non está aberto.

0.17839097976685