A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes do 2026 será o 4 de xullo

TerraChaXa
Este ano, anunciaron como novidade unha festa post carreira durante a tarde do sábado
samurais-xtreme-race
8 Nov 2025

A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes xa ten data de celebración para o ano 2026 e será o sábado 4 de xullo. Esta proba desafía aos participantes a conquistar obstáculos extremos nun terreo complicado.

A falta de que se abran as inscricións, prevese que sexa unha carreira duns 7 a 9 quilómetros de distancia coa saída e a meta na praia do lago das Pontes e con obstáculos durante todo o percorrido.

Prevese, ademais, unha camiseta, medalla, avituallamentos e agasallos ofrecidos polos patrocinadores para os participantes, así como un trofeo para os primeiros clasificados.

Este ano, anunciaron como novidade unha festa post carreira durante a tarde do sábado.

⚙ Configurar cookies
0.079936981201172