A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes xa ten data para o 2024

TerraChaXa
A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes xa ten data de celebración para este ano 2024 e será o 7 de xullo.
samurai xtreme race portada
17 sep 2023

A Samurai Xtreme Race Lago das Pontes xa ten data de celebración para este ano 2024 e será o 7 de xullo. Esta proba desafía aos participantes a conquistar obstáculos extremos nun terreo complicado.

A falta de que se abran as inscricións, prevese que sexa unha carreira duns 7 a 9 quilómetros de distancia coa saída e a meta na praia do lago das Pontes e con obstáculos durante todo o percorrido.

Prevese, ademais, unha camiseta, medalla, avitalluamentos e agasallos ofrecidos polos patrocinadores para os participantes, así como un trofreo para os primeiros clasificados.

samurai xtreme race
0.18008613586426