A SD Guitiriz celebra este martes a súa asemblea xeral

TerraChaXa
Na sesión farase un balance deportivo e tamén económico da tempada 2024/2025
asemblea-socios-sd-guitiriz
15 Jun 2025

Este martes, 17 de xuño, ás 20:30 en primeira convocatoria e as 21:00 en segunda celebrarase a Asemblea Xeral Ordinaria da SD Guitiriz. Terá lugar na Casa Habanera. Están convocados á mesma todos os socios do club que reúnan os requisitos establecidos nos estatutos do club.

Na sesión, que abrirá coa lectura e aprobación acta anterior, farase un balance deportivo e tamén económico da tempada 2024/2025. Así mesmo, daranse a coñecer as previsións deportivas e económicas para o novo curso e farase unha actualización dos cargos da xunta directiva para rematar cunha quenda de rogos e preguntas.

⚙ Configurar cookies
0.13828611373901