A SD Guitiriz comeza as xornadas de portas abertas

TerraChaXa
A SD Guitiriz puxo en marcha unhas xornadas de portas abertas que se prolongarán durante dúas semanas para incentivar á mocidade local.
xornadas-portas-abertas-guitiriz-portada
23 Xul 2022

A SD Guitiriz iniciou onte unhas xornadas de portas abertas que se prolongarán durante dúas semanas e que teñen como obxectivo incentivar á mocidade local a coñecer aos equipos e sumarse ás filas do club para a próxima tempada.

Estas xornadas están dirixidas á mocidade dende a categoría prebiberón, nados no 2020, ata xuvenil, do ano 2006.

Os interesados en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 604 852 370.

Nas próximas datas, os pequenos contarán con novas visitas e distintas actividades no campo Suso Cruz da localidade.

0.091217994689941