A SDC Cabreiros celebra a comida de fin de tempada con novidades no banco

TerraChaXa
Saúl Méndez Taladrid substituirá a Isaac Rouco, que non continuará no club
adestradores-cabreiros
15 Jun 2025

O vindeiro 21 de xuño, a SDC Cabreiros celebrará a súa tradicional comida de fin de tempada, un evento que reunirá a xogadores e afeccionados na Casa Escola de Cabreiros a partir das 15:00 horas. O menú inclúe paella, carne asada, sobremesa, café e licores, cun prezo de 25 euros para adultos e 15 euros para rapaces de 8 a 15 anos. As entradas poden adquirirse no Bar Boucello ou a través dos teléfonos 686 104 780, 686 199 090 e 618 873 864. A data límite para anotarse é o 16 de xuño.

A xornada arrancará ás 11:30 da mañá cun gran partido no Campo da Acea, no que se enfrontarán o Equipo Pepe contra o Equipo Marcos, nun ambiente festivo para poñer o ramo á tempada.

Neste contexto de peche de curso, o club anunciou tamén novidades no banco. Isaac Rouco non continuará como adestrador a vindeira tempada. Desde a entidade queren agradecerlle o seu traballo e compromiso durante esta tempada e media, na que colleu o equipo nun momento delicado e acadou os obxectivos con solvencia e antelación. O club deséxalle moita sorte no seu futuro persoal e profesional.

No seu lugar, Saúl Méndez Taladrid será o novo adestrador da SDC Cabreiros. Cunha ampla experiencia nas categorías xuvenil e sénior da Milagrosa, Saúl chega para liderar o novo proxecto do equipo. Desde o club deséxanlle tamén moitos éxitos nesta nova etapa.

⚙ Configurar cookies
0.1752188205719