A sección de Rugby Inclusivo do BeOne cobrará protagonismo a tempada 2020-2021

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Un dos tres alicerces nos que o BeOne Rugby cimentará o seu futuro inmediato pasa por potenciar o seu Equipo de Rugby Inclusivo e, da man da Fundación Edes dotar de protagonismo e competición á parte máis social do Club, na que se traballou durante os dous últimos anos.
Elva Carrera comprobando o funcionamento da estufa de biomasa
10 Xuño 2020

Un dos tres alicerces nos que o BeOne Rugby cimentará o seu futuro inmediato pasa por potenciar o seu Equipo de Rugby Inclusivo e, da man da Fundación Edes dotar de protagonismo e competición á parte máis social do Club, na que se traballou durante os dous últimos anos.
A recente formación de adestradores de BeOne por parte da F.E.R será a base doutro destes alicerces, a creación de Escolas deportivas de Rugby en toda a Mariña e o Occidente Asturiano.

Por último atópase a parte competitiva de sub14 en diante, onde se están buscando acordos para que se poida competir en todas as categorías, Sub14, sub16 e Sub18 en etapas de Academia (onde o rugby é mixto), así como en Categoría Senior con equipos Masculino e Feminino. Pechando desta maneira o proxecto que se iniciou hai 3 tempadas.

O Rugby Inclusivo leva dous anos traballándose, o primeiro ano soamente realizáronse adestramentos, tanto de maneira pechada, nas instalacións da Fundación, como aberta, integrando aos mozos nos adestramentos ordinarios do equipo ou a través do Ampa do Colexio Gregorio Sanz cos seus alumnos de sexto curso ou do Concello nas Escolas Deportivas de Verán.

Este primeiro ano os mozos tiveron o premio de poder asistir ao primeiro Campionato de España de Rugby Inclusivo que se celebrou en Valladolid para categoría Sub18 e a experiencia foi tan enriquecedora que sentou as bases do proxecto sobre o que se traballou o ano seguinte.

Nesta Tempada 19-20 logrouse que o Principado de Asturias incluíse a modalidade de Rugby Inclusivo nos Xogos do Principado e Beone presentou equipo, soamente puidéronse celebrar dúas xornadas das 6 previstas, por motivos evidentes suspendeuse toda a actividade posterior a Marzo e dúas xornadas de Rugby Seven e dous de Rugby Praia truncáronse, así como o Campionato de España, que este ano se disputaba en Valencia.

A suspensión da actividade tamén deixou no aire o debut en Liga Galega Federada Sub16 de Kair, contra Pontevedra en Ribadeo estaba previsto que tivese os seus primeiros minutos, desta maneira sería o primeiro xogador en dar o salto de Rugby Inclusivo a liga federada, un dos obxectivos do programa de Inclusión marcado polo Club.

Existen dous proxectos moi ambiciosos para a tempada 2020-2021; o primeiro deles é a celebración dun Torneo Internacional de Rugby Inclusivo en Ribadeo, presentouse toda a documentación para que este torneo sexa unha realidade e en Semana Santa podamos desfrutar do mellor Rugby Inclusivo cos nenos ribadenses como anfitrións.

O segundo pasa por competir de novo en Xogos deportivos do Principado e Campionato de España, sumando o Circuíto Nacional de Rugby Inclusivo que recentemente nos avanzaron desde a Federación Española de Rugby e que dentro do Plan nacional de fomento do Rugby Inclusivo disputarase en formato de Series ao longo de toda a tempada.

Cestería
0.18830513954163