A segunda edición do Slalom de Guitiriz será o día 20

TerraChaXa
A escuadra Scratch Fene organiza por segundo ano consecutivo o II Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Roteiro da Auga.
ii slalom guitiriz portada
9 Nov 2021

A escuadra Scratch Fene organiza por segundo ano consecutivo o II Slalom Concello de Guitiriz Gran Premio Roteiro da Auga, que terá lugar o próximo 20 de novembro. Trátase dunha proba de carácter nacional e puntuable para o campionato de Galicia de slalom.

A proba dará comezo ás 8.30 horas coas verificacións técnicas, seguido do tradicional briefing cos pilotos tralo que se publicará a lista de admitidos. Os adestramentos serán en dúas mangas e están previstos a partir das 11.00 horas.

A competición iniciarase ás 15.45 dende o Campo da Feira de Guitiriz facendo o percorrido pola súa contorna.

O prazo para inscribirse nesta competición xa está aberto e ten como data límite ás 20.00 horas do mércores 17. As solicitudes deberán remitirse por correo electrónico á dirección edvilo@hotmail.com. E para aqueles que desexen máis información, poden chamar ao número de teléfono 671.50.81.62.

II slalom concello guitiriz
0.14814805984497