A segunda saída do Guitiriz en Ruta será polo Camiño Vello de Aldosende, en Paradela
Este domingo, 24 de marzo, terá lugar a segunda saída da a sexta edición do programa de sendeirismo Guitiriz en Ruta, cunha andaina pola ruta do Camiño Vello de Aldosende, no Concello de Paradela.
A saída está prevista para as 9 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz e a chegada, ao mesmo punto, será ao redor das 17 horas. Recoméndase ás persoas participantes que leven un bocadillo.
O prazo para inscribirse remata mañá, xoves 21 de marzo, e pode facerse de xeito presencial na casa do concello ou por teléfono no 982 370 109 ata as 15 horas. O prezo é de 5 euros para persoas empadroadas e 10 euros para non empadroadas.
O Guitiriz en Ruta consta dunha andaina por mes, das que cinco son polo municipio, que son gratuítas, e as outras tres noutros concellos, que teñen un custe de 5 euros para empadroados e de 10 euros para os non empadroados. A seguinte saída será o domingo 25 de febreiro e percorrerase a ruta do río Mera, en Lugo.
Todas as saídas están abertas ao público xeral que teña unhas condicións físicas mínimas para poder camiñar varios quilómetros. Completan a programación: coñecendo a parroquia de Mariz (domingo 28 de abril), a ruta da Pedra de Díaz Castro nos Vilares (domingo 26 de maio), camiñando entre provincias (domingo 27 de outubro), a ruta do Río Mendo en Oza dos Ríos e Betanzos (domingo 24 de novembro) e a ruta do Río Requeixo (domingo 22 de decembro).