A Selección Galega UEFA disputará o martes un amigable en Vilalba
A Selección Galega que participará na fase final da Copa das Rexións UEFA volverá vestirse de curto o próximo 25 de abril. Farao para disputar un encontro amigable ante o Polvorín FC, un encontro que terá lugar a partir das 19 horas no campo de A Magdalena, en Vilalba.
O combinado que prepara Iván Cancela afrontará un test de primeiro nivel para continuar coa súa preparación para a gran cita que terá lugar o próximo mes de xuño en Galicia tras a brillante clasificación que rubricou na fase intermedia.
Para este amistoso en Vilalba ante o Polvorín FC, Iván Cancela citou a un total de 22 futbolistas.
A Selección Galega, que disputará por primeira vez na historia a fase final que terá lugar en Galicia do 9 ao 17 de xuño, quedou encadrada no Grupo A xunto coas seleccións de Bavaria (Alemaña), Zenica-Doboj (Bosnia e Herzegovina) e a República de Irlanda amateur.
O Grupo B fórmano Lisboa, Belgrado, Zlin Region (República Checa) e Dolnośląski (Polonia).
Os primeiros clasificados de cada grupo disputarán a gran final do torneo.
Na selección participa o xogador do Rácing Vilalbés Álex Pérez, o único da provincia convocado.