A situación de Alcoa empaña a 58 edición da Travesía de Foz

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 Oct 2020

O deputado de Deportes Efrén Castro participou esta tarde a presentación da 58 edición da proba de piraguismo Travesía de Foz, que se celebrará o vindeiro domingo a partir das 11.00 horas.

A proba, que puntúa a Liga Galega, contará este ano coa participación de 315 palistas das categorías cadete, xuvenil, senior e veterano, chegados de 30 clubs de Galiza e Asturias.

O presidente do Club Kayak Foz, Nacho Romillo, valorou “moi positivamente a participación na proba tendo en conta que estamos no final da temporada, nun ano difícil para todos pola situación sanitaria”.

O  acto de presentación, fronte á sede do club, tivo tamén un caracter reivindicativo, mais aló do deportivo. “Historicamente todas as directivas do club foron empregados da fábrica de aluminio de Alcoa San Cibrao, polo que a pesar de estar anunciando unha competición histórica, é un dos días mais tristes do club tras hoxe anuncio de ERE feito hoxe por Alcoa”, sinalou Nacho Romillo.

Na presentación tamén participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o tenente de alcalde, Xavier Fanego, a concelleira de Deportes, Gema Méndez, e Pedro López, secretario da asociación A Ribeira.

A área de Deportes achega 7000 euros á celebración da proba, que se celebra de forma ininterrompida desde 1962.

[video width="1280" height="720" mp4="https://xn--amariaxa-h3a.com/wp-content/uploads/2020/10/Alcoa-Peche-09.10.2020-1.mp4"][/video]

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18098592758179