A situación na Mariña segue á baixa agás en Foz

TerraChaXa | AMariñaXa
O número de positivos na área sanitaria de Lugo continúa este luns por debaixo do milleiro e baixando xa que hai 951, 16 menos que o domingo.
enmarea
30 Nov 2020

O número de positivos na área sanitaria de Lugo continúa este luns por debaixo do milleiro e baixando xa que hai 951, 16 menos que o domingo. O dato está respaldado polas 40 altas que se deron e os 24 novos contaxios, a cifra máis baixa da tempada. Así mesmo, as cifras indican que xa hai na provincia 5.163 persoas que superaron a enfermidade.

O dato negativo da xornada foi o novo falecemento producido, o que eleva a 122 o total da provincia dende marzo. Trátase dunha usuaria da residencia de maiores de Vilalba, que faleceu o domingo no Hula.

Con respecto á presión hospitalaria produciuse un aumento da mesma com 5 persoas ingresadas máis, todas no Hula e así xa son 44 en total. Segue estable o número de persoas na UCI do Hospital de Lugo, 4, mentres que en planta hai 30, 7 no Hospital da Mariña e 3 no de Monforte (os mesmos que o domingo nos dous casos).

Na Mariña, a situación segue á baixa. Burela mantense en 31 casos nos últimos 15 días mentres que Foz aumenta a incidencia en un e xa son 28. So queda e alerta Cervo, pero á baixa, con menos casos, 11.

GALICIA

A comunidade galega sumou este luns 251 contaxios por covid-19 nas últimas 24 horas e o número de mortos situouse en 1.205 desde o inicio da pandemia, coas doce últimas comunicadas na tarde deste domingo.

Así, o número de casos activos na comunidade sitúase en 7.806 (98 menos que o día anterior), mentres que os hospitalizados en UCI descenden ata os 78, tres menos que o domingo. Con todo, as persoas ingresadas en planta aumentan en 18, ata as 406, segundo os datos do Sergas.

Por áreas sanitarias, os novos contagios descenden en todas, agás en Ourense e en Ferrol, que seguen sendo as dúas menos afectadas.

0.13065886497498