A socialista Alba Sinde pide ao alcalde de Castro de Rei que "se poña a traballar polos veciños"

TerraChaXa | LugoXa
Os socialistas de Castro de Rei denuncian que o consultorio do municipio “leva máis dunha semana con graves deficiencias”, así o defendeu a voceira do PSdeG no municipio, Alba Sinde, que explica que esta semana e varios días da anterior só está a atender un médico dos tres profesionais que deberían prestar servizo, o que obriga á veciñanza a desprazarse para recibir atención médica.
Alba Sinde, PSOE Castro
28 Dec 2023

“A xente ten que desprazarse a Outeiro de Rei ou a Lugo porque aquí só hai capacidade para atender ás urxencias; como sempre o rural é o que máis paga a incompetencia e a mala xestión da Xunta”, reprochou Sinde.

A socialista sinalou que a sanidade en Castro leva tempo deteriorándose, “non temos un pediatra a tempo completo, xa que ten que repartirse entre diferentes concellos e ten moitísima sobrecarga. A situación é inviable”.

Ademais, engadiu que a estes “graves” problemas de atención sanitaria no concello de Castro de Rei, no centro de saúde da localidade levan xa tres días sen calefacción “coas complicacións que iso supón para unha dotación médica en días fríos e de inverno como os que estamos tendo”.

Problemas coa auga

Por outra banda, Sinde tamén trasladou a necesidade de que o Concello poña “as ferramentas necesarias para buscar unha solución definitiva aos constantes problemas da depuradora do municipio”.

Sinalou que a veciñanza está preocupada porque as deficiencias na auga son frecuentes e advirte de que hai sitios nos que non hai presión, quedan sen ela polas fugas, sae marrón ou sabe mal. Hai parroquias especialmente afectadas como as de Loentia, Castrillón e San Xulián.

“O Concello acaba de subir a taxa da auga e esa suba non repercutiu na calidade do servizo, algo que non é xusto para a veciñanza”, denuncia Alba Sinde, que lle pide ao alcalde que se poña a traballar polos veciños e veciñas de Castro.

0.18715906143188