A Sociedad Hijos de Abadín de La Habana celebrou o Día das Letras Galegas en Cuba

A Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Abadín de La Habana celebrou a súa xunta xeral de asociados o pasado 3 de maio no salón Jesús Barros López do antigo Centro Galego da capital cubana.
Ao encontro asistiron 50 asociados e invitados e estivo presidido polas directivas Elvira Madeira, presidenta; Estrela Benítez, secretaria; e Elvira López, tesoureira.
Na reunión lembrouse o Día dás Letras Galegas cun panel no que participaron as directivas, destacándose o significado que ten para Cuba esta celebración, así como a importancia do labor que desenvolveron cantareiras e pandereteiras na preservación e difusión do galego.
Presentouse unha mostra gráfica sobre o Día dás Letras Galegas e realizouse un concurso de coñecementos sobre o tema, con lectura de textos e poemas de Rosalía de Castro en galego.