A subdelegación do Goberno en Lugo garda un minuto de silencio polo atentado de Barcelona
TerraChaXa
A subdelegación do Goberno en Lugo gardou este venres ás 12.
18 Aug 2017
A subdelegación do Goberno en Lugo gardou este venres ás 12.00 horas un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado perpetrado este xoves 17 de agosto en Barcelona.
O subdelegado do Goberno presidiu este acto acompañado polos representantes das distintas institucións da Administración Xeral do Estado, así como polo personal da subdelegación e os cidadáns que quixeron sumarse a esta homenaxe.
Ramón Carballo expresou a súa condena ao atentado e a súa solidariedade coas víctimas e as súas familias.
Asimesmo, e como testemuña de condolencia, as bandeiras ondean a media asta no edificio da subdelegación do Goberno dende as 00:00 horas do 18 de agosto ata as 00:00 horas do 20 de agosto de 2017.