A Subdelegación pon en marcha o Plan Invernal de estradas con 45 quitaneves

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A subdelegada do Goberno en Lugo asinou hoxe o protocolo do Plan de Vialidade Invernal para a provincia de Lugo co que se busca aumentar a seguridade nas estradas ante condicións meteorolóxicas adversas.
preentacion plan invernal subdelegacion
16 Nov 2023

A subdelegada do Goberno en Lugo asinou hoxe o protocolo do Plan de Vialidade Invernal para a provincia de Lugo co que se busca aumentar a seguridade nas estradas ante condicións meteorolóxicas adversas. Acompañaron á subdelegada no acto de sinatura o responsable de Protección civil da Subdelegación, Juan Jesús Yáñez; o xefe provincial de tráfico, Ángel Álvarez; a xefa provincial da Unidad de Carreteras, Beatriz González; o tenente coronel da Garda Civil, Julio González e o xefe do subsector de tráfico da Garda Civil en Lugo, José Miguel Martínez.

Isabel Rodríguez subliñou a importancia do operativo para garantir a circulación nas estradas do Estado, resaltando “a colaboración dos diferentes servizos e unidades da Administración e a implicación de todo o persoal que traballa para dar seguridade aos usuarios e facilitar a maior comodidade posible e a fluidez do tráfico na rede de estradas e autovías”. A subdelegada tamén apelou “á responsabilidade dos condutores e condutoras para circular con prudencia e levar a cabo accións de mantemento dos vehículos”.

Con este plan, Isabel Rodríguez informou das medidas que aborda o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana coa achega de 45 quitaneves e as máis de 7.000 toneladas de sal que se empregarán. Xunto a isto, os medios compleméntanse coa posta a disposición dos 2.510.000 litros de salmuera para axudar a combater a neve. Este operativo tamén contempla a vixilancia e limpeza das 13 vías que integran a Rede de Estradas do Estado na provincia.

Rodríguez afirmou que “outro ano máis, a subdelegación comprométese coa seguridade vial ao firmar este protocolo co obxectivo de mellorar as conexións da provincia e evitar posibles cortes ou problemas, incidindo na prevención ante as posibles continxencias e determinando solucións áxiles e efectivas”.

Este ano, ao igual que o anterior, establece un dispositivo para aumentar a seguridade na área de Pedrafita debido ao aumento do tráfico neste trazado. O Goberno manterá o reforzo dos 3 quitaneves, así como os medios habituais do Centro de Conservación de Pedrafita.

0.14633321762085