A subdelegada destaca en Friol o impacto dos programas de apoio á dixitalización de empresas

TerraChaXa | LugoXa
Isabel Rodríguez destaca en Friol o impacto do Kit Dixital, co que o Goberno inxectou 8 millóns a 2.000 empresas e autónomos
visita subdelegada traloagro
13 Feb 2023

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou hoxe o gran impacto que está a ter o programa Kit Dixital na provincia co que o Goberno concedeu axudas a máis de 2.000 empresas e autónomos lucenses para dixitalizar os seus negocios. “Son un total de 8 millóns de euros os que levamos inxectados en Lugo a través deste plan de axudas para transformar o noso tecido produtivo e facelo máis competitivo, demostrando, unha vez máis, que os fondos do Plan de Recuperación están a chegar a todos os sectores do territorio”, salientou a subdelegada.

Isabel Rodríguez desprazouse esta mañá a Friol para visitar a ecotenda de Tralograo, unha empresa familiar beneficiaria do bono do Kit Dixital que produce, transforma, elabora e comercializa carnes ecolóxicas certificadas bovina e avícola de produción propia. Alí, a súa xerente, Isabelle Gómez, explicoulle á subdelegada que grazas á axuda de 6.000 euros do Goberno poderán modernizar e renovar a páxina web do negocio e contratar a unha empresa externa a xestión das redes sociais e a mellora do posicionamento do negocio en internet, co fin de profesionalizar máis o seu ecommerce no que ademais de produtos elaborados por eles, venden diferentes alimentos de orixe ecolóxico.

“Traloagro é un exemplo de como os investimentos do Goberno axudan a transformar dixitalmente os negocios lucenses, fomentando novas oportunidades de expansión e abríndose a novos mercados para garantir o seu futuro pero, tamén, o seu presente, porque a dixitalización é unha realidade que non podemos esquivar”, remarcou Isabel Rodríguez quen valorou a boa acollida deste programa “un síntoma de que as empresas galegas queren modernizarse e confían nos programas do Goberno para facelo”.

Neste sentido, a subdelegada indicou que o tecido produtivo da provincia de Lugo está formado sobre todo por pequenas empresas e autónomos. Por iso, puxo en valor iniciativas como o programa Kit Dixital que “permiten aos autónomos e ás pemes subirse ao carro dixital con solucións acordes á súa situación. Só así van poder competir en igualdade de condicións con empresas doutras dimensións e doutros territorios”, defendeu.

Para o programa Kit Dixital o Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital destina un orzamento de 3.067 millóns de euros dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para dixitalizar a preto dun millón de pemes e autónomos en todo o territorio nacional os próximos tres anos.

Estas subvencións do Goberno teñen como finalidade avanzar na dixitalización de áreas crave como presencia na internet, deseño da web, venda electrónica, xestión de clientes e provedores, oficina dixital, redes sociais, xestión e automatización de procesos e ciberseguridade.

Abertas as 3 liñas de axudas

Tal e como explicou Rodríguez, o Goberno ten abertas as 3 convocatorias do programa de dixitalización. Por unha banda, está a liña dirixida a empresas de entre 10 e 49 empregados que poden solicitar o bono de 12.000 euros ata o 15 de marzo de 2023. Por outra, para as empresas de 3 a 9 empregados o prazo está aberto ata o 2 de setembro con axudas de 6.000 euros. E unha terceira liña para negocios de menos de tres empregados e autónomos que poden solicitar 2.000 euros ata o 20 de outubro de 2023.

A subdelegada fixo un chamamento ás pequenas empresas e autónomos lucenses a que se animen e soliciten o Kit dixital “e non perdan a oportunidade de recibir axudas directas para actualizar os seus negocios con solucións dixitais”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.14742398262024