A subdelegada do Goberno recibiu aos traballadores das auxiliares de Endesa
A subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, mantivo esta mañá unha reunión cos representantes sindicais das empresas auxiliares das Pontes, integrados na Coordinadora da Industria, con quen se comprometeu a trasladar as súas demandas ao Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
Os traballadores da empresas auxiliares de Endesa estaban convocados a manifestarse esta mañá na Coruña “para visibilizar a súa situación laboral”. Demandan a constitución da mesa da industria auxiliar dentro de la Transición Enerxética Xusta para abordar o seu futuro xa que só teñen gañantizado o emprego ata que finalicen as probas con biocombustibles.
Na reunión, á que asistiron representantes dos sindicatos UXT, CIG e CC OO, ademais do xefe da área de Industria da Delegación do Goberno; os portavoces dos traballadores das empresas auxiliares puxeron de manifesto a preocupación polo futuro dos postos de traballo e reclamaron a posta en marcha dunha mesa da industria auxiliar que permita concretar o número de afectados pola actual situación da planta das Pontes.
A subdelegada do Goberno pola súa banda informoulles sobre o desenvolvemento das probas con biocombustibles que se están levando a cabo e comprometeuse a trasladar as peticións e reinvidicaciones dos traballadores ao Ministerio de Transición Ecolóxica, dando tamén o correspondente traslado á Xunta de Galicia.