A Taberna: “Temos agora un servizo de envío a domicilio co menú do día”
Na praza Suso Gayoso de Vilalba atópase A Taberna, un emblemático local de hostalería que está a piques de cumprir a década de actividade. O segredo sen dúbida é coñecer as necesidades dos seus clientes e adaptarse ás súas necesidades como é a ampliación do seus servizos co envío a domicilio. Pepe éxplícanos como é a xestión da Taberna.
Como comezou A Taberna?
O meu primeiro contacto coa hostalería comezou en Santiago no ano 1964 logo estiven catro en Palma de Mallorca e despois fun para Inglaterra. Xa en España comecei como autónomo nas Pontes en 1984, e despois, hai 22 anos, decidín vir a Vilalba. E teño que agradecer aos veciños a boa acollida que tivemos. Comecei co American’s, no que contamos con forno de pizzería, e logo ampliamos coa Taberna, que o enfocamos cara as racións e un público máis novo e traballadores. Xa fai 9 anos que inauguramos este local.
Como son as instalacións?
Contamos con planta baixa, que é a principal e que está máis destinada a barra e logo temos a segunda planta máis ampla para reunións, comidas máis privadas, algún tipo de evento de 50 ou 60 persoas. E ademais temos un espazo reservado no que caben unhas 12 persoas.
Como é a súa clientela?
Nos funcionamos moito coa xuventude e as fins de semana nos que ofrecemos ceas con prezo pechado desde 12 euros ou racións. Tamén contamos con menú do día a 10 euros, o cal ten moita aceptación e é de luns a venres. Para todo esto temos unha ampla variedade de produtos de primeira calidade e de cercanías e dentro do menú do día sempre contamos con primeiro e segundo prato, sobremesa e bebida e soe haber ensaladas, sopas, caldos, carnes ou pescados, todo moi variado.
E o seu horario?
O noso horario de traballo está máis orientado cara a cociña por iso estamos de 13 a 16 horas e de 19 a 00.00 horas, independientemente do día da semana salvo o martes que pechamos por descanso.
Creo que agora están a traballar cun novo servizo, o envío a domiclio. Como está funcionando?
Si, recentemente puxemos en marcha o servizo de envío a domicilio e ten boa acollida xa que inclúe o menú do día o cal xa estamos servindo. Hai moita xente maior que o está pedindo pois teñen un pouco de medo polo tema do coronavirus e tamén como repartimos no propio núcleo urbano de Vilalba e ademais no polígono industrial algúns traballadores ou algunhas empresas estano demandando para así non saír na hora de traballo. Tamén queremos preparar unha nova carta para este servizo a domicilio.
Teñen algún proxecto de futuro?
Queríamos cambiar un pouco a carta, pero sempre orientaba a xente nova e familias. Os mozos antes pedían bocadillos ou hamburguesas pero agora demandan máis racións como de tortilla, raxo, etc. A cea de picoteo por dicilo así.
Conta con medidas de seguridade?
Contamos con xel hidroalcohólico na entrada do local e as mesas están moi separadas unhas das outras. Respetamos moito as normas de seguridade e procuramos telo todo hixienizado para acoller aos nosos clientes.
E axudas da covid?
De cara ao futuro na hostalería o que necesitamos é unión no sector, pero non so en Vilalba senón en todos os sitios. É un ben para todos hai que estar unidos en acordos e porque xuntos somos máis fortes. Eu estamos dentro da Asociación de Empresarios para poder facer unha piña e contar as ideas e experiencias que poden ser moi boas para todos. E máis agora que os tempos cambian e van cambiar moito máis.