A televisión das Pontes dixitaliza os arquivos dos anos 90
O Concello das Pontes iniciou a dixitalización dos arquivos da televisión local da década dos noventa. En concreto, son 147 cintas, en formato UMATIC, con reportaxes de produción propia, que supoñen preto de 13.500 minutos de gravacións.
Lorena Tenreiro, concelleira de Medios Locais, apunta que “se trata de material gravado durante os primeiros anos de existencia da televisión local que recollen boa parte da historia das Pontes e que axudan a entender a realidade social, cultural, económica e política dunha época, a través da filmación da vida cotiá. Son arquivos que corren o perigo de perderse, se non se pasan a un soporte dixital, e con este proxecto é esencial para preservar a memoria audiovisual das Pontes”
A revitalización evitará a degradación deste arquivos e sumaranse aos arquivos dos dous primeiros decenios dos anos 2000 que xa están en soporte dixital, permitindo poñer en valor o patrimonio audiovisual do concello, facendo posible que o arquivo da televisión local sexa un deposito documental que pase a estar a disposición da veciñanza e do conxunto da sociedade e sumara
Nese sentido, Lorena Tenreiro avanzou, que o concello das Pontes traballa xa nun proxecto de creación dunha base de datos para a descrición do arquivo documental da televisión local “co obxectivo de garantir a conservación da información e mellorar a súa xestión e conservación, implementando unha ferramenta informatizada que permita non só o traballo diario da televisión senón tamén a consulta e a recuperación informativa por parte de historiadores, entidades públicas e por particulares”