A terceira edición do Festival Pozo Mouro de Muimenta será o 19 de agosto

TerraChaXa
Tralo éxito das primeiras edicións, está convocada a terceira do festival Pozomouro, organizado pola Asociación Avelino Iglesias Alvariño.
festival pozomouro agosto portada
festival pozomouro agosto portada
28 Feb 2023

Tralo éxito das dúas primeiras edicións, está convocada a terceira do festival Pozomouro, organizado pola Asociación Cultural Avelino Iglesias Alvariño e que terá lugar o 19 de agosto na área recreativa Ribas do Miño, en Muimenta.

Aínda non hai programa definido pero a comisión si anunciou xa a data, que se adianta a edicións anteriores, que se celebraron o 31 de agosto de 2019 e o 4 de setembro de 2o22. A celebración comeza todos os anos con música dende media mañá e as actividades complétanse cunha romería popular na que os participantes deberán aportar o seu xantar.

Poesía, xogos, música e charlas completan un programa variado no que se combinan as actividades para nenos e maiores.

festival pozomouro agosto
0.18599009513855