A tirada de bolos de Xove estivo acompañada do bo tempo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
3 Mar 2020

A XXXI Tirada de Bolos do Concello de Xove celebrouse aproveitando o excelente tempo e as condicións perfectas para xogar.

Así, na sénior masculina a falla de dúas tiradas e na recta final desta edición da Liga de Bolos de Xove está todo matematicamente por decidir, iso sí, xa se clarexaron algunhas posicións.

A victoria do líder e actual campión Miguel López despéxalle o camiño cara o seu segundo entorchado na categoría raiña desta competición; os 21 puntos que o separan de Arturo Vigo e con 26 puntos máximo por disputar (12+1, 12+1) nas tiradas de Morás e Sumoas, son unha renda máis que suficiente para revalidar o título. Só unha debacle moi grande por parte do líder lle faría perder esta privilexiada posición.

Para o segundo e terceiro posto houbo dous clásicos como Arturo Vigo e Rafael González, quenes non defraudaron e conseguiron manter as súas posicións. Quen perdeu posición foi Álex Meitín, baixando da cuarto posición á sexta, sendo superado por  Francisco Pérez e Daniel Alonso, cuarto e quinto respectivamente.

Tanto Francisco Pérez como Daniel Alonso ou Álex Meitín aínda terían opcións a optar aos postos segundo e terceiro, o que non lles vai ser fácil, xa que nestes intres finais todos os xogadores están no seu mellor estado de forma.

Na Liga seénior feminina, o campionato xa está decidido pero segue a loita pechada entre Belén Meitín e Carmen  Roca pola segunda posición, con só un punto de vantaxe da primeira ata o momento. Polo tanto, a emoción nas dúas últimas tiradas vai estar en quen das dúas se fai coa segunda posición.

Na Sub-16 están os postos moi definidos, con Javier López xa campión, e Hugo Pérez e Xenxo Salgueiro de segundo e terceiro xa definitivamente, queda  por ver quen se fai co cuarto posto, con vantaxe de dous puntos de Christian Cociña sobre Izan Maragoto.

0.18575310707092