A Tradescola desenvolve este mércores unha actividade no centro educativo de Friol

LugoXa | TerraChaXa
Neste concerto, faise un percorrido polos distintos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos
concertos-da-tradescola-friok
27 Jan 2026

Este mércores, 28 de xaneiro, a Tradescola achegarase ás 11.00 horas ata o CPI Dr. López Suárez de Friol para impartir dous novos concertos didácticos. Primeiro pase ás 11.00 horas e segundo pase ás 12.15 horas.

Neste concerto, faise un percorrido polos distintos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Amósanse e explícanse as principais características de distintos instrumentos tradicionais como gaita, requinta, zanfona, tambor, bombo, pandeireta, pandeira, acordeón.....e acompáñanse as explicacións coa interpretación de distintas pezas do repertorio tradicional.

O concerto estará impartido polos mestres da Tradescola Roberto Rodríguez; Bruno Villamor, Alberte Núñez e Germán Díaz e conta coa axuda da área de Cultura da Deputación de Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.080932140350342