A Travesía dos Castros de Vilalba contará cun novo mural de arte urbano
Vilalba contará nuns días cun novo mural, neste caso realizado na Travesía dos Castros pola artista Lula Goce, unha das mellores do mundo na especialidade de arte urbano.
Lula Goce, natural de Baiona, ten murais en cidades como Nova Iorque, París Miami, Berlín, Bruselas, Valencia e Barcelona, así como en diferentes concellos galegos.
Coas súas obras, transforma as fachadas dos edificios en obras de arte, cun estilo figurativo no que moitas veces representa a mulleres, nenos ou nenas en ambientes imaxinarios, integrando sempre os seus traballos co lugar nos que os realiza.
Marta Rouco, tenente de alcaldesa, as concelleiras Antía Rama e Vanesa Siso, e o concelleiro Luis Fernández estiveron coa artista no edificio no que realizará a súa obra.
Nos últimos meses inauguraronse outros murais na rúa Carmiña Prieto Rouco, obra do artista urbano Pablo Lage Sanjurjo (Van-Kraf), e na rúa Cotarón, de Miguel Peralta (colectivo Cestola na Cachola).