A travesía Navega o Camiño, a ruta xacobea por mar, percorrerá Galicia entre o 17 e o 26 de xullo
A travesía Navega o Camiño, a ruta xacobea por mar, percorrerá Galicia entre o 17 e o 26 de xullo. Os barcos participantes na ruta farán escala en oito portos da comunidade na súa travesía cara a Santiago de Compostela
Os barcos participantes na travesía Navega o Camiño xa están ultimando detalles para iniciar a ruta xacobea por mar que organiza North Mariñas, unha aventura que por cuarto ano consecutivo partirá da Rochelle (Francia) con destino a Santiago de Compostela facendo escala nos portos máis importantes e representativos da cornisa cantábrica, entre eles os de Burela, Viveiro, Ferrol, A Coruña, Muxía, Muros, Vilanova de Arousa e Padrón.
A travesía Navega o Camiño é unha iniciativa cultural e deportiva que cada ano gaña máis adeptos. Ata o momento, e á espera de que se pechen as inscripciones, xa hai 44 barcos españois e franceses esperando para levantar o ancora e sumarse á experiencia, ben desde o principio do percorrido ou embarcando nalgún dos distintos puntos do traxecto ata Muxía (A Coruña), o último porto no que poden incorporarse participantes. Os requisitos para conseguir a Compostela --o documento que certifica oficialmente o éxito do peregrino tras chegar a Santiago-- esixen que os navegantes utilicen barcos a vela e que percorran un mínimo de 100 millas náuticas ao longo do seu itinerario. Para conservar o espírito do Camiño, os últimos dez quilómetros do traxecto ata a Catedral da capital galega cubriranse a pé.
A travesía xacobea posta en marcha por North Mariñas, a Asociación de Mariñas do Norte de España, non só ofrece a posibilidade de cubrir o Camiño de Santiago de forma innovadora, tamén é un impulso turístico para todas aquelas cidades e municipios nos que atracan os participantes durante os 23 días de navegación (16 etapas). En cada un dos portos, os tripulantes dos barcos aproveitarán as súas horas en terra para realizar visitas culturais pola zona programadas pola organización e gozarán da gastronomía e os encantos de cada comunidade. No caso de Galicia os peregrinos do mar chegarán a Burela o mércores día 17 de xullo e terminarán o seu itinerario en Padrón o día 26 tras pasar por Viveiro, Ferrol, A Coruña, Muxía, Muros e Vilanova de Arousa.
O sector da náutica de recreo no norte de España, segundo despréndese dun estudo elaborado por North Mariñas, engloba actualmente a un total de 567 empresas e xera un montante global de 3.404 postos de traballo directos e 9.244f indirectos. En toda España, segundo o mesmo informe, o sector da náutica de recreo dá emprego a 19.717 persoas de forma directa e a 47.729 de xeito indirecto. North Mariñas é unha entidade integrada na Asociación Nacional de Empresas Náuticas (ANEN), a organización representativa do sector náutico en España. ANEN aglutina actualmente integra a máis do noventa por cento do tecido industrial e empresarial da náutica de recreo nacional, así como a diversas asociacións autonómicas.
Na edición deste ano da travesía Navega o Camiño colaboran patrocinadores da talla de Repsol, Central Lechera Asturiana, Quirónprevención ou Murimar Seguros, así como Portos do Estado, os gobernos rexionais das catro comunidades ou os Concellos polos que discorre a ruta.