A Tuna de Agrícolas de Madrid actuará en Outeiro de Rei

A Tuna de Agrícolas de Madrid ofrecerá un concerto este sábado 28 de marzo no salón de actos da Casa da Cultura de Outeiro de Rei, a partir das 20:00 horas.
A actuación está aberta ao público en xeral, que poderá gozar da música estudantil de todos os tempos nunha cita pensada para todos os amantes da tradición universitaria e do repertorio musical das tunas.