A UCI baléirase e a comarca estabilízase en número de contaxios
Por primeira vez en moitas semanas as UCI da provincia quedan baleiras malia que o virus segue aumentando a súa incidencia. Así, este luns son xa 14 casos activos máis (onte foron 8) en 24 horas o que sitúa o balance en 507. De feito, nas últimas horas rexistráronse 57 contaxios novos (onte foron 29) mentres que as altas chegan ás 6.629, 36 máis que onte (o día anterior foron 25).
Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 7.283 casos rexistrados e 145 persoas falecidas.
Mentres que abandonan a UCI as dúas persoas que había en planta queda un paciente máis en planta e xa son 17: 4 no Hula (os mesmos), 10 no Hospital da Mariña (un máis) e 3 no Hospital de Monforte (os mesmos).
Por concellos, Vilalba volve rexistrar dous casos novos máis no acumulado en 15 días e certifica 29. En Xermade a situación parece totalmente controlada xa que baixa a 11 (un menos) os casos activos nos últimos días.
No resto de Concellos a situación está controlada e mesmo en Pol e Outeiro de Rei non tiveron casos novos esta quincena.
As Pontes segue a espera de que se normalice a súa situación de alerta tras varios días por debaixo de dez casos acumulados en quince días. Esperan poder volver a situación normal sen peche perimetral e control dos aforos.
No resto da provincia a situación preocupa na Mariña, con Viveiro e Xove en alerta pola alta incidencia da covid mentres Burela segue subindo pero Foz e Ribadeo estabilízanse.
Tamén continúa o proceso de vacinación nos centros de maiores da provincia.