A UE certifica o cumprimento ao 100% do Life in Common Land

TerraChaXa | AMariñaXa
A UE certifica o cumprimento ao 100% do Life in Common Land, impulsado desde a Deputación de Lugo en colaboración coas universidades.
equipo estudo life in common land xistral
3 Jun 2023

A Unión Europea vén de certificar que está cumprido o 100% do programa Life in Common Land.  Trátase dun programa que se impulsou desde a Deputación de Lugo en colaboración coas universidades de Santiago de Compostela e A Coruña, co obxectivo de protexer un conxunto de hábitats único na Europa continental e favorecer o aproveitamento sostible da riqueza ambiental da Serra do Xistral.

Neste sentido, Europa comunicou o último ingreso para completar a totalidade das axudas destinadas a este plan, pioneiro na realización de pagos compensatorios por conservación do territorio. Un último pago de 424.000€ que se suman aos preto de 1,1M€ xa recibidos para acadar os 1,5M€ das axudas deste programa.

“Unha certificación que demostra que as administracións locais somos perfectamente capaces de xestionar Fondos Europeos e levalos ao territorio”, sinalou o deputado Rivera Capón, que puxo en valor a institución provincial como “un aliado perfecto para xestionar Fondos Europeos, a diferencia doutras administracións como a Xunta de Galicia, que ten que devolver máis do 51% dos Fondos Europeos que percibe”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16380715370178