A UME volve á provincia para realizar labores de desinfección

TerraChaXa | LugoXa
14 Abr 2020

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, anunciou que a Unidade Militar de Emerxencias (UME) volveu despregarse hoxe, por terceira vez, na provincia de Lugo, dentro da Operación Balmis de loita contra o virus do COVID-19, para realizar novos traballos de desinfección en distintas instalacións consideradas sensibles, neste caso en tres concellos da comarca da Mariña, concretamente, en Viveiro, Ribadeo e Burela, ademais de en Monforte de Lemos e Monterroso. 

Os efectivos da UME traballaron nesta xornada, en diversas instalacións de Viveiro,  onde efectuaron labores de desinfección na residencia de maiores Betania e na Comisaría da Policía Nacional, e tamén nos cuarteis da Garda Civil de Ribadeo e Burela. Ademais, levaron a cabo traballos de desinfección en Monforte de Lemos, na residencia Domus VI, e no centro penitenciario de Monterroso.

Isabel Rodríguez lembrou que a UME volve á provincia de Lugo por terceira vez desde a declaración do estado de alarma sanitaria, onde xa realizara labores de desinfección, o día 24 de marzo e o 8 de abril, en distintos centros sanitarios, residencias de maiores e noutras instalacións consideradas sensibles polo número elevado de persoas que as frecuentan.

0.15734386444092