A UNED abre o prazo de matrícula para o próximo curso

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED abriu xa o prazo de admisión para graos correspondente ao curso 2021-2022. O prazo ordinario é do 17 de xuño ao 21 de outubro de 2021.
lugo uned
20 Xuño 2021

A UNED abriu xa o prazo de admisión para graos correspondente ao curso 2021-2022. O prazo ordinario é do 17 de xuño ao 21 de outubro de 2021.

Os graos aos que se poderá optar son os seguintes:

  • Grao en Antropoloxía Social e Cultural
  • Grao en Filosofía
  • Grao en Xeografía e Historia
  • Grao en Historia da Arte
  • Ciencias da Saúde
  • Grao en Psicoloxía
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas (ADE)
  • Grao en Cc Xurídicas das Administracións Públicas
  • Grao en Ciencia Política e da Administración
  • Grao en Criminología
  • Grao en Dereito
  • Grao en Economía
  • Grao en Educación Social
  • Grao en Pedagoxía
  • Grao en Socioloxía
  • Grao en Traballo Social
  • Grao en Turismo
  • Grao en Enxeñería Informática
  • Grao en Enxeñería Eléctrica
  • Grao en Enxeñería en Electrónica, Industrial e Automática
  • Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais
  • Grao en Enxeñería en Tecnoloxías da Información
  • Grao en Enxeñería Mecánica

As persoas interesadas deberán realizar a admisión, exclusivamente en liña. Poderán solicitala estudantes procedentes de EBAU (Avaliación de Bacharelato para o Acceso á Universidade), Selectividade, Proba de acceso á Universidade para maiores de 25 ou de 45 anos, desde outra Universidade española, estudantes que veñan cursando estudos noutra Universidade española e desexen trasladar o seu expediente, para continuar estudos na UNED e estudantes matriculados noutra Universidade española que queiran compaxinar estudos cun grao na UNED.

A matrícula nos estudos de grao realizarase tamén exclusivamente en liña a través da páxina web da UNED do 7 de xullo ao 21 de outubro de 2021.

0.16755294799805