A Uned abre un novo prazo de mátrícula
A Uned de Lugo abriu un novo prazo de matrícula. Este período está habilitado para a matriculación do segundo cuadrimestre do curso 2020-2021 ao que poderán acollerse os estudantes que cumpran as condicións específicas en estudos de Grao, Microgrado e algúns títulos de Posgrao Oficial, ata o 10 de marzo.
Igualmente, poderanse matricular os estudantes que queiran realizar a Proba Libre de Acceso para Maiores de 25 e 45 anos, do 1 de febreiro ao 11 de marzo.
A Uned de Lugo ofrece a posibilidade de acompañar ao estudante no proceso de matrícula a través de apoio informático e orientación personalizada. Pódese concertar cita previa no teléfono: 982280202.
UNED SENIOR
Tamén está aberto dende o xoves o segundo prazo de matrícula para materias do segundo semestre da Uned Sénior da Coruña. O prazo está aberto ata o próximo 15 de marzo.
Este novo prazo de inscrición é tamén para aqueles estudantes que queiran ampliar matrícula.
O programa formativo Uned Sénior, dirixido a persoas maiores de 55 anos que, con independencia da súa formación académica, estean interesadas en enriquecer os seus coñecementos sen realizar exames.
O obxectivo deste programa é ofrecer unha modalidade aberta a persoas que buscan unha formación continua, mellorar a súa calidade de vida, ampliar os seus coñecementos e fomentar as relacións interpersoais.
O programa é aberto e moitas materias cambian en cada curso; con todo, cada estudante pode matricularse no número de materias que desexe e nas que estea interesado/a.