A UNED acolle un curso sobre prevención das adicción ás tecnoloxías

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED de Lugo ofrece un relatorio sobre como previr a adicción ás tecnoloxías para o que xa está aberto o prazo de matrícula.
mobil tecnoloxia
19 Nov 2022

A UNED de Lugo ofrece un relatorio sobre como previr a adicción ás tecnoloxías para o que xa está aberto o prazo de matrícula.

Denís Fernández Valcárcel, psicólogo deportivo, tratará a problemática da adicción ás TIC, neste relatorio que forma parte do Proxecto #UNEDLife.

A adicción ás TIC é unha adicción comportamental, que consiste en sentir a necesidade de ter que estar con algún aparello electrónico e ter unha dependencia do seu uso. É un trastorno da conduta que adoita afectar máis a persoas novas, aínda que calquera pode ser adicto ás novas tecnoloxías. Internet, as redes sociais e os videoxogos son os principais causantes desta adicción.

Será impartida por Denís Fernández Valcárcel, psicólogo deportivo, acompañado pola directora do centro, Ana Belén Traseira Pena.

Realizarase online ou presencial, o vindeiro martes, 22 de novembro, de 18:30 a 19:30 horas.

0.1385350227356