A Uned acolle unha exposición sobre o risco da introducción de especies exóticas invasoras
Inaugúrase na Uned Lugo unha exposición acerca do risco que supón a introducción de especies exóticas invasoras.
A través de 13 paneis informativos, en esta exposición analizase o fenómeno das especies invasoras, tanto animais como vexetais. Nela tratarase de indagar nas causas, así como, de propor solucións fronte a esta amenaza para a biodiversidade.
Por razóns de protocolo de seguridade covid-19, todos os asistentes terán que matricularse.
Ademáis, non se permite a visita simultánea de máis de 5 persoas.
A inauguración terá lugar o xoves, día 1 de outubro, ás 13.00 horas e a exposición permanecerá aberta ao público no Centro Asociado do 1 ao 23 de outubro, en horario de 9 a 21 horas, de forma ininterrumpida, de luns a venres, excepto festivos locais e nacionais.