A UNED de Lugo fixo onte a inauguración do curso

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O presidente da Deputación, José Tomé, participou este luns na inauguración do curso académico 2021/2022 do centro asociado da UNED en Lugo,
inauguracion curso uned lugo
19 Out 2021

O presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou este luns na inauguración do curso académico 2021/2022 do centro asociado da UNED en Lugo, un acto ao que asistiron tamén a vicerreitora primeira da UNED, Rosa María Martín, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a directora da sede universitaria lucense, Ana Belén Traseira, e a exalcaldesa de Madrid e ex maxistrada, Manuela Carmena, quen foi a encargada de impartir a lección inaugural O pracer de estudar.

José Tomé deulle a benvida á comunidade universitaria da UNED en Lugo, ó profesorado e ós alumnos e alumnas; tanto a aqueles que continúan o seu proceso formativo, como os que chegan por primeira vez ás aulas. “Un novo curso representa sempre un novo reto, un novo paso cara o futuro, especialmente nun ano coma este no que, afortunadamente, estamos recuperando, dentro da prudencia, a normalidade académica que se viu afectada pola pandemia”, indicou.

“Como presidente da Xunta Reitora deste Centro Asociado á UNED en Lugo, como Presidente de la Deputación e, sobre todo, como docente que nunca esquece a súa vocación, supón unha satisfacción comprobar como medra e como mellora este proxecto de educación superior. Un proxecto que conta cunha oferta diferenciada que ano tras ano atrae a máis persoas, a máis alumnos e alumnas que elixen la UNED para iniciar, para complementar o para ampliar a súa formación”, indica.

SINAIS DE IDENTIDADE

En relación á pandemia, Tomé Roca puxo de manifesto que “os sinais de identidade da UNED, como son a calidade, a flexibilidade e a formación a distancia, víronse reforzadas durante este tempo de pandemia. Todos e todas tivemos que adaptarnos, en maior ou menor medida, ás normas da non presencialidade, pero a UNED tiña xa os deberes feitos”.

“Xunto coa calidade educativa, a UNED fomenta en Lugo iniciativas transversais, que a dotan dun carácter diferenciado, como as que impulsa en torno á igualdade, ou as que teñen que ver co medio ambiente e o desenvolvemento sostible”, subliñou José Tomé. Precisamente, subliñou algunhas das recentes distincións que se lle fixeron ao centro por este motivo, como os proxectos Planeta ODS 2.0 e Foz 2030.

O mandatario provincial reivindicou unha UNED que achega “un gran valor á provincia de Lugo”. “En primeiro lugar, porque reforza o noso carácter de cidade e de provincia universitaria, envorcada co ensino superior e co I+D+i. Ademais, achega valor porque a formación da UNED axuda a converter o talento nun factor de desenvolvemento individual e colectivo da provincia de Lugo”, resaltou.

Subliñou, ademais, que se trata dunha formación que se desenvolve dende os principios da calidade e da universalidade, que son os que definen o modelo do ensino público en España: “O noso país, a nosa provincia, conta cun excelente modelo de universidade pública. Un modelo que favorece a igualdade de oportunidades e que garante o compromiso co desenvolvemento da sociedade e do territorio a través da transferencia do coñecemento. Un modelo que non precisa outro estímulo que ver asegurada a suficiencia presupuestaria que lle permita seguir impulsando as súas tarefas e os seus obxectivos”.

A Deputación de Lugo apoia firmemente este modelo, subliñou o Presidente, cunha importante colaboración coa UNED, tanto económica, como tamén de instalacións, pois, lembrou, foi a institución provincial a que fixo posible a creación da sede da UNED en Lugo, deixando de ser a única capital de provincia en Galicia que non contaba cun centro propio.

0.086772918701172