A UNED de Lugo organiza unha serie de actividades dirixidas a estudantes con traballos de Fin de Grao e Máster

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A UNED de Lugo organiza unha serie de actividades para axudar aos estudantes na formulación dos seus traballos de Fin de Grao e Máster.
estudantes traballos master grao uned
21 Out 2021

Como cada curso, a UNED de Lugo ofrece formación a docentes e a estudantes sobre coñecementos e estratexias para manexar técnicas de investigación. Nesta ocasión, ofrécense unha serie de actividades centradas cada unha nunha especialidade. É dicir, a súa elaboración é específica para cada Facultade. O prazo de inscrición

  • Estratexias didácticas teórico-prácticas para a formulación do Proxecto Fin de Grao/Máster no ámbito Científico Tecnolóxico: Cuestións de fondo [1], online ou presencial, do 28 de outubro ao 25 de novembro.
  • Estratexias didácticas teórico-prácticas para a formulación do Proxecto Fin de Grao/Máster no ámbito de Comunicación e Social: Cuestións de fondo [2], online ou presencial, do 27 de outubro ao 24 de novembro.
  • Estratexias didácticas teórico-prácticas para a formulación do Proxecto Fin de Grao/Máster no ámbito Científico Tecnolóxico: Cuestións de forma [3], online ou presencial, do 8 ao 29 de novembro.
  • Estratexias didácticas teórico-prácticas para a formulación do
    Proxecto Fin de Grao/Máster no ámbito Social e da Comunicación:
    Cuestións de forma [4], online ou presencial, do 8 ao 29 de novembro.

Estas actividades serán impartidas por Rocío Cuiña Cotarelo, doutora enxeñeira de Montes (Doutoramento Europeo: Investigación Agraria e Forestal).

0.08163595199585