A UNED inaugura unha mostra sobre os 50 anos de historia do cancro

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Inauguraron na sede da UNED de Lugo a exposición fotográfica 50 anos cambiando a historia do cancro, que estará todo novembro.
exposicion cancro uned lugo
6 Nov 2022

María Luz Abella García, presidenta da Xunta Provincial de Lugo da Asociación Española Contra o Cancro, e Ana Belén Traseira Pena, directora do Centro Asociado UNED en Lugo, inauguraron na sede da UNED de Lugo a exposición fotográfica 50 anos cambiando a historia do cancro.

A exposición, que se poderá visitar ao longo do mes de novembro nas instalacións da UNED, conmemora os 50 anos da Fundación Científica da Asociación Española contra o Cancro. Curiosamente, son os mesmos que cumpre este ano a Universidade Nacional de Educación a Distancia, que o celebrará o vindeiro martes nun acto que contará coa presenza do reitor da UNED, Ricardo Mairal, cunha lección inaugural a cargo da CEO do Grupo Lence, Carmen Lence. O acto incluirá a gradación das persoas que finalizaron a súa titulación nos últimos cursos académicos.

A Fundación Científica da Asociación Española Contra o Cancro é, hoxe en día, a entidade social e privada que máis fondos destina a investigar o cancro no noso país e, que grazas aos investigadores e a toda a sociedade que apoia esta misión, forma parte de todos os avances que se conseguiron ata o de agora da man de miles de investigadores que coa Asociación Española Contra o Cancro participaron do cambio da historia do cancro.

A Exposición fotográfica 50 anos cambiando a historia do cancro, #investigandoencáncer constitúe unha oportunidade para descubrir como é un laboratorio, a través das imaxes realizadas polo fotógrafo Míchelo Toro, e os resultados de investigación en cancro máis destacados, dos últimos anos, que contaron co apoio da Asociación Española contra o Cancro.

Esta actividade nace froito dun convenio asinado entre ambas as entidades no mes de setembro e é unhas das moitas que se van a realizar ao longo do curso académico.

Durante o curso 22-23, a través do seu proxecto UNEDLife: Deporte e Saúde, en cuio ámbito se atopa este convenio de colaboración, a UNED dará a coñecer e tratará de contribuír á consecución do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible Nº3 da Axenda 2.030 da ONU, Saúde e Benestar, que ten como fin o garantir unha vida sa e promover o benestar para todos/as en todas as idades.

O prazo de matrícula na UNED continúa aberto ata este martes, 8 de novembro.

0.13581204414368