A UNED ofreceu unha charla en Bonxe sobre alfabetización climática

LugoXa | TerraChaXa
Enmarcada no proxecto #LugoNaturalMente, a iniciativa achegou ao público asistente unha visión clara sobre as consecuencias da situación actual tanto a nivel global como local
charla-emerxencia-climatica-bonxe
21 Dec 2024

A UNED de Lugo levou a cabo recentemente unha charla sobre alfabetización climática no centro penitenciario de Bonxe, dirixida ás persoas internas. Esta actividade, organizada nas instalacións do propio centro, contou coa participación da directora da UNED de Lugo e do biólogo Alejandro Rodríguez. Ambos ofreceron unha análise divulgativa e comprensible sobre a crise climática actual, os seus impactos e as medidas necesarias para facerlle fronte.

Enmarcada no proxecto #LugoNaturalMente, a iniciativa achegou ao público asistente unha visión clara sobre as consecuencias da emerxencia climática tanto a nivel global como local. Ademais, destacou a importancia da acción individual e colectiva para mitigar os seus efectos e protexer o medio ambiente.

Esta actividade reflicte o compromiso continuo da UNED de Lugo coa divulgación científica e a educación, especialmente enfocada a colectivos diversos, promovendo unha sociedade máis informada e consciente dos desafíos ambientais.

A colaboración entre a UNED e institucións como o centro penitenciario de Bonxe demostra o valor das “Alianzas para acadar os Obxectivos”, o décimo sétimo Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) proposto pola ONU dentro da Axenda 2030. Esta visión integradora tamén foi abordada durante a conferencia, destacando o papel transformador da educación no avance cara a un futuro sostible.

0.048026084899902