A UNED Sénior Coruña iniciou as clases para os alumnos de Guitiriz e Momán
Este martes deu comezo o curso 2024/2025 da UNED Sénior Coruña nas aulas de Momán, en Xermade, e de Guitiriz coa visita ao Pazo de Goián, en Boiro.
50 alumnos da Clase de Historia recibiron as súas clases de man do técnico de Cultura de Boiro sobre o pazo de Goián no mesmo edificio. Esta primeira visita entra dentro do programa Coñecer Galicia a través dos museos.
En 2010 este pazo foi adquirido polo Concello de Boiro, que o continuou deixando no abandono e a ameaza de derrube e ruína. Finalmente, en agosto de 2019 iniciouse a súa rehabilitación.
A UNED Sénior imparte as materias de Salud Pública, Música, Informática (os xoves, luns e mércores, respectivamente) e Historia en Momán e Música e Inglés (martes e venres) en Guitiriz. O luns adiantáronse as clases de música en Momán, que este ano se impartirán pola mañá, en horario de 11.00 a 13.00 horas, por problemas de horario do profesor, Francisco Cupeiro, director da Escola de Música.
Os martes serán as clases de historia, que titoriza Luis Ángel Rodríguez Patiño e que contempla viaxes por toda Galicia pero que nesta edición centraranse na provincia de Lugo. As próximas serán a Friol e o Vello Cárcere.
Ademais, a UNED Sénior da Coruña celebra en Paderne o Día das Persoas Maiores, con actuacións de 11.00 a 13.30 horas.