A UNED Sénior reclama en Guitiriz máis recursos para atención primaria

TerraChaXa
A UNED Sénior reuniu ás súas aulas en Guitiriz este mércores para reivindicar máis recursos para os centros de Atención Primaria.
centro saude uned senior guitiriz
13 Abr 2023

O 7 de abril celebrouse o Día Mundial da Saúde, e a UNED Sénior da Coruña reuniu ás súas aulas en Guitiriz este mércores, 12 de abril, para reivindicar máis recursos públicos para os centros de Atención Primaria, especialmente no rural galego.

A reunión de alumnado e profesorado presentouse co tema A sanidade nos centros da Atención Primaria non rural. Comezou ás 12 horas e incluiu lecturas e actuacións ata ben entrada a tarde.

Unha das características da UNED Sénior vinculada ao Centro Asociado UNED A Coruña é o seu carácter rural. Coa súa actividade sociocultural, a UNED Sénior promove o envellecemento activo e contribúe a dinamizar un territorio cada vez máis envellecido e despoblado, cun enfoque socializador e comprometido coa cultura, os dereitos e os servizos públicos.

0.19394207000732