A UNED de Lugo valora en Sevilla a súa actuación durante a pandemia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O reitor da UNED, o equipo de Goberno e os directores dos Centros Asociados da Universidade a Distancia reúnense en Sevilla.
rector usc ana belen traseira sevilla
22 sep 2021

O reitor da UNED, o seu equipo de Goberno e os directores dos Centros Asociados da Universidade Nacional de Educación a Distancia como o de Lugo reuníronse en Sevilla. Trátase dunha cita clásica anual que supón o primeiro encontro presencial desde setembro de 2019 e que ten como obxectivo principal abordar os desafíos da UNED para o próximo curso.

Trátase dunhas xornadas que servirán ademais para avanzar na programación e deseño dos actos do 50 aniversario da UNED que terán lugar o próximo ano.

A directora do Centro Asociado de Lugo, Ana Belén Traseira, trasladou a súa satisfacción ao reitor polo excelente momento que vive a Universidade e asegurou ademais que a UNED foi posta a proba nunha complicada conxuntura sanitaria e que a resposta foi óptima. Manifestou o seu orgullo por traballar neste proxecto educativo.

0.18783807754517