A unidade móbil de doazón de sangue está este luns en Meira
TerraChaXa
O vehículo prestará servizo na praza Maior, ao carón da parada de taxi
Camión da doazón
26 Maio 2024
A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 27 de maio, no concello de Meira para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas e entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza Maior, ao carón da parada de taxi.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.