A unidade móbil de doazón de sangue está este martes en Meira

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo na praza Maior, ao carón da parada de taxis
doazon-sangue-camion-sergas
Camión da doazón
29 Sep 2025

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 30 de setembro, no concello de Meira para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza Maior, ao carón da parada de taxis.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

⚙ Configurar cookies
0.10501909255981