A unidade móbil de doazón de sangue estará en Outeiro, Friol e Vilalba
A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.
Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Outeiro de Rei e Friol este xoves día 23 de abril e atenderá en horario de 12:30 h a 14:00 h.
Para maior seguridade, recomendase pedir cita previa para doar no tfno. 900 100 828 e manter, cando se vaia a doar, unha distancia de seguridade mínima dun metro de separación nas zonas de espera.
Así mesmo, estarán en Vilalba tamén o sábado e o domingo co mesmo horario.