A unidade móbil de doazón estará en Pol o día 6 de xuño

Pol
TerraChaXa
A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia.
Captura de pantalla 2020 05 29 a las 11.56.03
4 Jun 2020

A nova Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), que integra o traballo do Centro de Transfusión de Galicia, subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

Unha destas unidades móbiles desprazarase ata Pol o 6 de xuño e estará diante do Concello entre as 10.00 e as 15.00 horas.

Para maior seguridade, recomendase pedir cita previa para doar no tfno. 900 100 828 e manter, cando se vaia a doar, unha distancia de seguridade mínima dun metro de separación nas zonas de espera.

99370446_2093840007428897_1106442236112928768_o

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17148804664612