A unidade móbil do CIM achegará asesoramento e apoio ás mulleres en Cospeito este xoves

TerraChaXa
Esta unidade ofrece información, orientación e acompañamento en diferentes ámbitos, incluíndo apoio psicolóxico, social e xurídico
visita-cin-movil-cospeito
25 Mar 2026

O Concello de Cospeito recibirá este xoves, 26 de marzo, entres as 10.00 e as 13.00 horas a visita da unidade móbil do Centro de Información á Muller (CIM) da Xunta de Galicia, un recurso especializado que percorre distintos municipios co obxectivo de achegar servizos de atención e asesoramento ás mulleres.

Esta unidade, que estará na praza do Concello, ofrece información, orientación e acompañamento en diferentes ámbitos, incluíndo apoio psicolóxico, social e xurídico, mediante un modelo de atención ambulatoria que facilita o acceso a estes servizos de maneira próxima e directa. A iniciativa busca eliminar barreiras e garantir que todas as mulleres poidan acceder aos recursos dispoñibles sen necesidade de desprazamentos a outras localidades.

Ademais, a presenza desta unidade móbil permite dar a coñecer os servizos existentes en materia de igualdade, prevención da violencia de xénero e atención integral ás mulleres, contribuíndo a reforzar a sensibilización social e a información no ámbito local.

Desde o Concello de Cospeito destacan a importancia de colaborar neste tipo de accións, que favorecen a promoción da igualdade e o acceso equitativo aos recursos. A administración local subliña tamén o seu compromiso co impulso de iniciativas que contribúan a mellorar a calidade de vida das mulleres e a garantir os seus dereitos.

0.12323188781738